Cursos disponibles

MINDFULNESS
Esta formación introdúcenos nas técnicas de meditación e relaxación para aplicalas no noso día a día. A través do Mindfulness, aprenderemos a estar máis presentes e ser máis conscientes e xestionar adecuadamente o estrés e as emocións. A práctica habitual desta disciplina aporta innumerables beneficios e axúdanos a vivir con máis plenitude.
Sesións: OS LUNS ás 10 horas.

ENTREVISTA DE TRABALLO
Neste obradoiro ofreceranse as ferramentas precisas para afrontar con seguridade unha entrevista de traballo para aumentar as nosas posibilidades de superar con éxito proceso de selección laboral.